No ano 1996 vota a andar un proxecto asociativo
do tecido empresarial tudense que ata o ano 2000 non toma o verdadeiro
impulso. Neste ano realizase un intenso traballo de concienciación
empresarial, sobrepansándose xa entón o centenar
de asociados. A Asociación comenza a gañar presencia
na sociedade a medida que vai reforzando e consolidando a súa
relación con outros axentes sociais e afianzadose como
un interlocutor válido ante as institucións públicas
e privadas. O camiño andado deixa tras de si unha estructura
asociativa consolidada que nos permite avanzar hacia a execución
de proxectos máis complexos e ambiciosos.
Na actualidade conta con 150 asociados, e ten presencia no comercio,
na industria e no turismo, ainda que o comercio segue mostando
o maior índice de asociacionismo, ben sexa polo peso histórico
da asociación ou ben pola propia estructura económica
do concello. A actividade económica principal do concello
de Tui é a comercial, o Índice Comercial (Índice
comparativo da importancia do comercio) do concello acada o valor
de 42 mentres que o industrial é de 27 no ano 200
|